
Logo de que se aprobase inicialmente unha modificación no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) para cambiar a ubicación do solo industrial do concello, a Unidade Veciñal de Dodro (UVD), fixo un último intento, a través dunha moción de censura, por paralizar o expediente. Esta decisión tomouse motivada polo intenso malestar que esta decisión tiña xerado entre vecinos e veciñas e o voto negativo de toda a oposición no momento de tomar esta decisión.
O partido gobernante instou ás persoas asinantes da moción de censura a presentar unha alternativa conxunta para este solo. Explicaron ademais, que en caso de saír adiante este proceso, tamén se debería frear a concentración parcelaria.
Fonte.- La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-03-17 10:30:00