Lonia amplía as súas instalacións no parque empresarial de Pereiro de Aguiar

A empresa do sector téxtil Sociedade Téxtil Lonia, situada no parque empresarial de Pereiro de Aguiar, vai acometer unha importante ampliación das súas instalacións na mesma área. Dos 42 600 metros cadrados actuais, pasará aos 94 000, co obxectivo de reforzar o seu proceso produtivo e aumentar a súa capacidade, aproveitando a expansión do negocio. Na actualidade atópanse xa nas primeiras fases de edificación, preparando os terreos para as obras. Trátase da segunda ampliación da compañía no parque tras a efectuada en 2005.

Fonte: La Región

Fecha publicacion: 
2020-02-13 17:00:00
Subir