
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda inicia hoxe a venta de máis de 750.000 m2 de solo empresarial de Xestur, que se poden adquirir cun desconto no prezo de saída de 28 millóns de euros. Así o recordou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, que esta mañá visitou o Parque empresarial de Bértoa; onde explicou que -tal e como avanzou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o pasado xoves na rolda de prensa tras o Consello da Xunta- esta superficie está repartida en 17 parques empresariais en distintos concellos galegos.
A conselleira recordou que, ademais do prezo bonificado destas parcelas sobre as que se desconta un 30 ou 50%, os interesados tamén teñen a opción de adquirir dito solo en dereito de superficie, ás que se establece un canon anual dun 1,5 do prezo da parcela sen bonificar os dous primeiros anos; un 2,5% as dúas seguintes anualidades; e un 3,5% no quinto ano e seguintes.
Fonte: Xunta de Galicia