A empresa Mejuto amplía as súas instalacións no parque empresarial de Lalín 2000

O grupo lalilense Mejuto Termodinámica Automática fíxose coa antiga nave de Confecciones Guerral, no parque empresarial Lalín 2000. Así, amplía as súas instalacións no parque a un prezo de 873 488 euros, comprado a unha empresa que se atopa en situación concursal. Dende a compañía sinaláronse os beneficios da transacción e a mellora na súa produción que suporá a nova nave, pois comezaban a identificar problemas de espazo polo aumento da actividade.

Fonte: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-01-30 18:15:00
Subir