
O concello larachés dá por culminadas as obras do novo edificio e con elas abre o prazo para inscribirse a optar a algunha das oficinas ou das dúas naves concluídas. O prazo de inscrición estará aberto ata abril de 2020 e os prezos flutuarán entre os 60 euros ao mes dos espazos de coworking e os 300 euros ao mes das naves. Ambas tarifas inclúen servizos de recepción, telefonía, Internet, limpeza, seguro e videovixilancia e acceso ás zonas comúns.
Fonte.- La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-12-27 14:15:00