O parque de Morás fraccionará parcelas para facilitar a chegada de empresas

A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publicou unhas modificacións no proxecto sectorial do parque empresarial de Morás. Nas mesmas, se divide o desenvolvemento do parque en catro fases, para facilitar a posta en funcionamento progresiva, e se reforzan as conexións exteriores de saneamento e abastecemento. Sen embargo, as principais modificacións resultaron na ordenación do solo, permitindo crear parcelas máis pequenas que as inicialmente proxectadas, coa finalidade de facilitar a instalación de empresas no territorio, ademais da reordenación da gran parcela onde se situará a gran empresa Estrela Galicia, a fin de facilitar o proceso.

Fonte: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-12-04 10:30:00
Subir