
O parque empresarial de Bértoa, en Carballo, por medio da comunidade de propietarios, expresou a súa reclamación para que a circunvalación proxectada na zona comece no parque. A obra suporía a conexión directa entre os parques de Carballo e do Tambre, ademais de evitar o paso dos vehículos industriais polo casco urbano do municipio. Dita iniciativa foi sumando apoios, da entidade local, de diferentes parques e, agora, é a Federación Galega de Parques Empresariais (FEGAPE) a que acudiu de primeira man ao parque para escoitar o requerimento, nunha iniciativa que se considera fundamental para o crecemento dun dos principais parques de Galicia.
Fonte: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-12-03 12:00:00