Aluminios Cortizo está construíndo cinco novas naves no Polígono de Pazos

No municipio de Padrón, a multinacional galega Almuninios Cortizo comezou a construción de cinco naves industriais no Polígono de Pazos, preto da súa sede central. Suman unha superficie total que sobrepasa os 13 000 metros cadrados, segundo os datos facilitados polo departamento de Comunicación da propia empresa.

A nave máis grande, de 7 000 metros cadrados, irá destinada a almacenamento, para así poderes baleirar as do Polígono de Picusa. Outra das naves empregarase para gardar o stock de panel composite e contará cun pantógrafo, unha máquina para cortar e mecanizar este material. Outra das estruturas, que neste caso son dúas consecutivas, é para unha área de mecanizado de perfís.

En total, a inversión que realiza Cortizo é duns 3 millóns de euros e suporá a creación de entre 30 e 40 novos postos de traballo, de acordo con estimacións da empresa.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-03-13 15:30:00
Subir