
O polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei, está próximo a crecer de novo, mentres que na localidade de Rozas (parroquia de Triabá) se está preparando un polo industrial que xa xera expectativas de crecemento no concello. Trátanse de proxectos compatibles, pois cada parque ten un perfil distinto. Mentres o de Castro acolle principalmente pemes de diversos sectores, en Rozas estase desenvolvendo un proxecto de investigación directamente relacionado coa construción aeronáutica.
Os pasos para a ampliación do parque do Castro de Ribeiras de Lea iniciáronse fai tempo. Xestur, presentou nas oficinas municipais este proxecto sectorial ao tempo que o concello enviou a documentación correspondente á Xunta. Unha vez se obteña o visto bo, o concello poderá iniciar a tramitación urbanística.
A ampliación estará localizada ao carón da LU-115, ao igual que a fase anterior. Un detalle importante é que tanto as parcelas xa ocupadas como as futuras contan e contarán con acceso a esta estrada. Ademais, o concello pensa prever no PXOM unha bolsa de solo preto do polígono, para posibles ampliacións futuras.
En canto a Rozas, os traballos actuais son o primeiro paso para a construción de hangares (lugar empregado para gardar aeronaves). O terreo, pertencente ao Ministerio de Defensa, dispón tamén de superficie para afrontar posibles ampliacións.
Fonte.- La Voz de Galicia