
O concello de Castro Caldelas busca retomar este proxecto decretado hai anos e que nunca se chegou a levar a cabo. Trátase dunha iniciativa que na actualidade se considera moi necesaria, xa que existen varias empresas no casco urbano que non teñen espazo para seguires medrando, en total unhas seis empresas.
A alcaldesa iniciou as conversas coas administracións competentes para encamiñar este parque empresarial que, dende fai anos, conta con superficie delimitada para tal fin.
Para comezar só se require urbanizar os terreos dunha primeira fase, aínda que debido á grande superficie reservada poderían urbanizarse nun futuro varias máis. Por outra banda, para ir avanzando, o Concello abordará este ano un proxecto de rede de saneamento en dirección á zona industrial. A contía destas obras ascende a uns 53 000 euros.
Fonte.- Faro de Vigo