
Coa entrada do novo Plan de Transporte da área metropolitana de Ourense, os parques empresariais sitos na mesma gozarán dunha importante mellora na comunicación coa cidade e principais centros urbanos, condición moi demandada polas diferentes asociacións de empresarios dos parques. O parque de San Cibrao das Viñas incrementará en 4 as liñas de autobus e unha decena de frecuencias das mesmas. Como este, outros parques como o de Barreiros e o de Pereiro de Aguiar tamén se beneficiaron deste novo Plan, que busca conectar mellor as principais áreas empresariais cos núcleos de residencia dos traballadores.
Fonte: La Región
Fecha publicacion:
2019-11-16 11:15:00