O parque empresarial de El Goro, en Canarias, recibirá un investimento de 400.000 euros do Cabildo para a súa renovación

O parque empresarial de El Goro, no municipio canario de Telde, recibirá unha partida de 400.000 euros procedentes do Cabildo, goberno das illas, concretamente da Consellería de Industria, Comercio e Artesanía, para a súa renovación. A aposta pasa por actualizar a rede contra incendios e a sinalización nas rúas, así como mellorar a comunicación cos enlaces viarios, nunha aposta por renovar a imaxe do parque en busca de atraer novos investimentos.

Fonte: Telde Actualidad

Fecha publicacion: 
2019-11-08 10:30:00
Subir