Polo momento, non baixará o prezo das parcelas en Río do Pozo (Narón)

A curto prazo non baixarán os prezos do solo industrial en Río do Pozo, Narón. O goberno municipal buscaba deste xeito reactivar, na conta atrás do seu mandato, un polígono que estivo estancado nos úlimos anos.

O encontro cos responsables da entidade pública promotora do parque, pechaban onte sen grandes compromisos, sendo a proposta central do tripartito local o impulso desta área empresarial, xa que sostiñan que esta opción podería representar un repunte para o polígono nun momento no que se confirma a existencia de carga de traballo para o sector naval. 

A promoción de 60 parcelas (uns 350 mil metros cadrados) pertencentes á cuarta fase do polígono, que comezou antes da crise, saldouse finalmente cunha única venda: unha parcela de 845 metros. Os prezos de saída oscilaban entre os 35 e 42 euros, similar aos prezos so solo industrial de Cedeira ou Ortigueira. 

Porén, si foi positiva a resposta sobre a petición de mantemento, que nun mes estará resolto.

Fonte.- La Voz de Galicia

 

Fecha publicacion: 
2019-03-08 17:45:00
Subir