
O Concello de Melide vén de presentar ante a Xunta o documento de modificación do planeamento urbanístico vixente para poder dotares ao municipio de solo industrial. O escrito contempla dúas posibiles localizacións: unha nos terreos próximos ao actual parque empresarial da Madanela e outra ao carón da AC-840, que suporía levar adiante un polígono ata a periferia do núcleo urbano da vila.
A alcaldesa afirma que con esta acción segueselle dando trámite ao proceso xa inicaido en 2017 cos informes previos para a Consellería de Medio Ambiente sobre as posibilidades reais de ampliación do solo iundustrial. Actualmente, no polígono de Melide existen 93 parcelas e, aínda que 21 están sen edificar e requeridas por Xestur, ningunha que estea á venda.
Fonte.- El Correo Gallego