
Tras facerse público onte a sinatura entre o Concello de Ponteceso e a Entidade Pública Empresarial de Solo (SEPES) dun convenio para a inversión de 5,2 millóns de Euros no proxecto de ampliación do polígono de Tella, o alcalde recibiu onte apoio á súa proposta. Desta vez por parte do Ministro de Fomento, co que estivo reunido.
Ambos estiveron dacordo en que ter unha grande parcela de solo industrial dispoñible a prezo reducido nun polígono xa en funcionamento, e con todos os servizos, é a mellor estratexia para conseguir atraer á grande empresa.
Fonte.- La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-03-06 15:30:00