
O Consello da Xunta deu onte luz verde á tramitación do anteproxecto do decreto que regulará o censo do solo empresarial de Galicia. Neste censo, as entidades públicas e privadas estarán obrigadas a rexistrar os parques que impulsen para así contar cun rexistro da superficie empresarial dispoñible en Galicia. A ferramenta caracterizarase por dispor información detallada das parcelas dispoñibles, tales como o prezo ou os servizos da área empresarial, entre outras características.
Fonte.- El Ideal Gallego
Fecha publicacion:
2019-05-23 09:15:00