Accesibilidade

Política de Accesibilidade
O portal da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.

A política de accesibilidade aplicada pola Amtega está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.

Contacto
A Amtega, na súa procura de mellorar de xeito continuado a accesibilidade deste portal, convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión sobre a accesibilidade que estime a través de calquera das modalidades de presentación que ten dispoñibles o Sistema integrado de atención á cidadanía.

Subir