SEA desempolva o proxecto do macro polígono barbanzano ante a “alta demanda” de solo industrial

 A xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatiz Sestayo, recolleu a luva lanzada polo alcalde de Ribeira, #Luis Pérez. O reto (apadriñado polo BNG a través dunha proposición non de lei rexistrada a semana pasada no Parlamento galego) consiste en desempoar o proxecto para a construción dun macro polígono comarcal dun millón de metros cuadados entre Ribeira e A Pobra.

A proposta foi recibida por Sestayo con entusiasmo, dada a “alta demanda” de chan empresarial na comarca, “cos polígonos de Rianxo, Boiro e A Pobra ocupados na súa totalidade e tras constatar o interese de varios empresarios en instalar as súas compañías na zona”. Pero tamén con prudencia, comprometéndose a estudar este proxecto, pero deixando claro que apoiará a dotación de chan “no lugar no que se demostre máis viable”.

Tamén o rexedor de Ribeira quixo deixar claro que a súa prioridade é a posta en marcha canto antes do novo polígono de Pedras Vermellas, de 258.926 m2, que require un investimento duns 13 millóns de euros.
#Luis Pérez, centro, e Sestayo, dereita, na reunión deste martes cos edís Vicente Mariño, Herminia Pouso e Francisco Suárez-Puerta, izqda., e técnicos de SEA

#Luis Pérez, centro, e Sestayo, dereita, na reunión deste martes cos edís Vicente Mariño, Herminia Pouso e Francisco Suárez-Puerta, izqda., e técnicos de SEA Cedida

Con esas premisas, SEA e Concello de Ribeira puxéronse xa ao choio para analizar a posibilidade de desempoar o proxecto do macro polígono, que xa se incluíu no Plan Sectorial de Áreas Empresariais de Galicia aprobado en 2014.

Ler máis: El Correo Gallego

Fecha publicacion: 
2024-05-16 16:15:00
Subir