
A Xunta habilitará medio millón de metros cadrados de chan empresarial nun polígono que se creará na contorna do aeroporto de Peinador entres os termos municipais de Mos e Redondela. Tamén ampliará o polígono de Balaídos en 166.000 metros cadrados. Anunciouno hoxe a conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez que acudiu á Confederación de Empresarios da Provincia de Pontevedra para abordar con eles e co presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Manuel Vieites, a ordenación do chan empresarial na provincia. Hoxe o Diario Oficial de Galicia publica a comercialización de 39 parcelas que suman 278.000 metros cadrados na plataforma loxística de Salvaterra-As Neves (Plisan). Venderanse a un prezo subvencionado entre 53 e 72 euros o metro, dixo a conselleira que engadiu que o dereito de superficie (aluguer) é de 79 céntimos por metro cadrado. O Goberno galego vai dedicar este ano 7,5 millóns de euros a bonificar o prezo do chan industrial.
Tamén se modificarán as zonas industriais dos municipios de Valga, Pontecesures, A Estrada e Mondariz. En total subvenciónase a venda dun millón de metros cadrados para que se poidan establecer industrias e que non se teñan que deslocalizar.
SEGUIR LEYENDO: La Voz de Galicia