Concello de Sanxenxo e Consello Rector encargan un estudo para analizar as mellores fórmulas de promoción do parque empresarial de Nantes

O Concello de Sanxenxo, en reunión co Consello Rector, acordaron encargar un estudo para analizar as mellores fórmulas para promocionar o parque empresarial de Nantes. Ademais, no estudo daranse a coñecer as principais potencialidades do parque, poñendo en valor as fortalezas e identificando os desafíos na xestión do solo empresarial. Espérase ter preparado o estudo para a próxima reunión de propietarios, onde se tomarán as decisións oportunas na promoción da área.

Fonte: Diario de Arousa

Fecha publicacion: 
2019-12-28 10:45:00
Subir